Pois é, começou já um ano a valer graças à rica programação do Xacobeo 2010.
“A Sinapse do Códice” é un documental ficcionado con actores e personaxes reais a través do Camiño entre a Tour de Saint Jacques de París e Santiago. Narra o posible itinerario da misteriosa Gildeberta de Flandes, a única muller peregrina citada no Codex Calixtinus (s. XII) e que para algún autor podería mesmo ser a redactora do libro V, atribuído a Aymeric Picaud.
A rodaxe, baseada nunha aventura histórica, conta con actores da talla de Hugo Silva, Sara Casasnovas, Sergio Pazos, Tessa Bergmeier e Óscar Jaenada, entre outros.
Xacobeo presentará a estrea mundial que terá lugar o xoves 28 de xaneiro en Santiago de Compostela e que consistirá nunha misa na Catedral e un acto no Hostal dos Reis Católicos ao que acudirán todos os actores e o propio director. A estrea compleméntase coa edición dun libro, así como un DVD para a súa distribución mundial, e con apoio á delegación da película nos diferentes festivais nacionais e internacionais onde se presente.
Sinopse
Ana é unha estudante de cinema que, ao acabar o seu curso en La Sorbonne, promete a Cátia, unha amiga súa que é actriz, escribir un guión para que ela volva a Europa e o protagonice. Ana, influenciada polo coñecemento cultural do seu irmán Kristoff, acaba lendo o “Códice Calixtino”, onde se recollen as experiencias do camiño francés na ruta xacobea cara a Santiago de Compostela. Aí descobre o personaxe de Gerberga de Flandes, a primeira muller que percorreu a vía francíxena. Ana namórase deste personaxe e decide realizar a experiencia vivida por Gerberga no libro. Acompañada por un equipo de cámaras e durante doce días, Ana irá desde Saint-Jean-Pied de-Port até Santiago de Compostela realizando unha viaxe iniciática de madurez espiritual e na que descubrirá un gran segredo: quen era realmente Gerberga de Flandes.
Um Abraço Galaico
Sem comentários:
Enviar um comentário